Christmas Camp na Pontenova para o Nadal

AMariñaXa
Un taller con manualidades, xogos e ambiente festivo os días 22 e 29 de decembro
Pontenova-nadal-campamento-2025
5 Dec 2025

O Nadal chegará á Pontenova cunha proposta pensada para os máis pequenos: o Christmas Camp, unha actividade que combinará manualidades, xogos, vilancicos e dinámicas festivas os días 22 e 29 de decembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas. A iniciativa está dirixida a nenas e nenos a partir dos 4 anos, que poderán gozar dun programa totalmente ambientado nesta época do ano.

As familias interesadas poden realizar a inscrición ata o 20 de decembro. O prezo é de 36 euros para socios e 42 euros para non socios, con todos os materiais incluídos.

O obxectivo do Christmas Camp é ofrecer unha alternativa de lecer creativa e segura durante as vacacións, fomentando a participación, a diversión e o traballo en grupo. Para máis información ou para formalizar a inscrición, a organización dispón do teléfono 696 091 759.

Pola súa banda, o Concello da Pontenova pon en marcha unha nova edición do seu Campamento de Nadal, dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 14 anos e pensado para facilitar a conciliación durante as vacacións escolares. A proposta desenvolverase os días 22, 23, 24 e 26, 29, 30 e 31 de decembro, así como o 2 de xaneiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O campamento ofrece 50 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. O prezo establece dúas categorías: 30 euros para menores empadroados no municipio e 50 euros para non empadroados.

As familias interesadas poden formalizar a inscrición na Casa do Concello, chamando ao 982 342 277. O prazo permanece aberto do 4 ao 19 de decembro.

A actividade está organizada polo Concello da Pontenova, en colaboración con Odrioel Sport, e diríxese a ofrecer unha proposta de lecer segura e educativa para os máis pequenos durante estas datas festivas.

⚙ Configurar cookies
0.09295916557312