Chega o XI Festival audiovisual Imaxiña aos colexios da Mariña

AMariñaXa
Os colexios da Mariña poden participar  un ano máis no Festival audiovisual Imaxiña 2021. Este festival cumpre a súa undécima edición
festival imaxina 2021 colexios
9 Dec 2021

Os colexios da Mariña poden participar  un ano máis no Festival audiovisual Imaxiña 2021. Este festival cumpre a súa undécima edición sendo fiel a un concurso que busca aflorar as inquedanzas culturais dos estidantes e diferentes colectivos da Mariña lucense.

O prazo de presentación das pezas remata o 30 de decembro e en xaneiro será a entrega de premio e a inauguración da exposición. E haberá un premio que constará dun vale por valor de material fotográfico ou de video de 150 euros.

Poderán participar todas aquelas persoas que estean cursando estudos de formación nos institutos Monte Castelo e Perdouro de Burela, Dionisio Gamallo de Ribadeo, Marques de Sargadelos de San Cibrao, Vilar Ponte e María Sarmiento de Viveiro, Illa de Sarón de Xove, Alfoz-O Valadouro e Foz.

Os traballos deben mandarse ao correo electrónico contacto@imdecum.com e o peso máximo será 5 mb nunha resolución mínima de 200ppi.

As bases do concurso poden descargarse nesta ligazón.

0.20785093307495