Chega o verán e con el o Mercado dos domingos de Ribadeo

AMariñaXa
Dende este domingo 27 de xuño e ata o día 10 de outubro a contorna da Praza de Abastos de Ribadeo acollerá o Mercado dos domingos
mercado domingos ribadeo 2
24 Xuño 2021

Dende este domingo 27 de xuño e ata o día 10 de outubro a contorna da Praza de Abastos de Ribadeo acollerá o Mercado dos domingos en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Nel poderase atopar produtos de alimentación da horta, pan, queixos, cervexas artesanais, marmeladas ou coitelos. Tamén produtos de proximidade, de tempada e saudables.

Contará con 14 produtores da zona e dun radio de non mais de 50 quilómetros de Ribadeo.

mercado domingos ribadeo
0.15274786949158