Chega a XXXV edición da Feria do do Valadouro

AMariñaXa
Chega a XXXV edición da Feria do Mel - Mercado de Outono do Valadouro, onde o protagonista indiscutible será o líquido dourado.
1 feira mel valadouro 2022
4 Out 2022

Chega a XXXV edición da Feria do Mel - Mercado de Outono do Valadouro, onde o protagonista indiscutible será o líquido dourado.

A feira ubicarase na praza de Santa María e rúa Andrés López Palmeiro e comezará o sábado 8 de outubro ás 10.00 horas coa apertura do mercado no que contarán con con diversos produtores de mel da contorna así como produtos de tempada e artesanía. Xa a media mañá, contarán con pasacalles e demostración de baile e música tradicional a cargo da A.C. Amado Lar, dun obradoiro de fabricación de queixos para nenos de 3 anos a 12 anos, e dunha degustación gratuíta de filloas con mel e un sorteo dun lote de produtos.

Pola tarde, ás 16.00 horas, será o obradoiro Achégate ó mundo das abellas cos Bolechas, ás 17.00 horas Os Bolechas aprenden sobre as abellas, para nenos de 2 a 6 anos, e As abellas son moito máis que Mel, para cativos de 7 a 12 anos.

Máis tarde haberá un pasacalle polo mercado coa A.C. Amado Lar seguido dun sorteo dun lote de produtos e pechará o programa o concerto de folk a cargo de Carapaus.

feira mel valadouro 2022
0.17595601081848