Chega a Viveiro o programa estival de visitas guiadas

AMariñaXa
Chega a Viveiro o programa estival de visitas guiadas, que terá lugar desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro. 
ria de viveiro vista aerea
14 Xuño 2021

Chega a Viveiro o programa estival de visitas guiadas, que terá lugar desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro. 

O municipio recupera desta forma unha das súas principais actividades turísticas durante os últimos anos, que foi suspendida por precaución durante 2020 e volve con máis percorridos e destinos.

As actividades terán carácter gratuíto e levarán a cabo todos os días da semana. Un dos seus alicientes será a ampla variedade da proposta, que vai desde visitas culturais a roteiros de sendeirismo, pasando por itinerarios panorámicos en múltiples lugares de interese da localidade. 

As visitas transcorrerán integramente en espazos abertos e respectaranse os límites de aforo, e en xeral, o normativa socio-sanitaria vixente. Para participar, é necesaria reserva previa chamando ao número de teléfono 634 631 461. 

Calquera información adicional pode ser consultada no correo electrónico viveirovisitas@gmail.com 

0.18161702156067