Chega a Ribadeo a mostra itinerante sobre Xela Arias

AMariñaXa
A mostra Xela Arias. A poesía do retrato chegará este venres a  Ribadeo. Os paneis con textos da poeta acompañados con fotografías
miniatura cartel exposición xela arias
26 Ago 2021

A mostra Xela Arias. A poesía do retrato chegará este venres a  Ribadeo. Os paneis con textos da poeta acompañados con fotografías de Xulio Gil instalaranse no parque de San Francisco, onde poderán visitarse ata o vindeiro 27 de setembro.

A mostra inaugurarase ás 13.30 horas, nun acto no que intervirán o fillo da autora sarriá, Darío Gil e que contará co acompañamento musical do grupo sarriao Malditos Roedores, que interpretará un repertorio de versións de cancións en galego.

0.12944412231445