Chega A Mostra Cativa do Valadouro da man de Amado Lar
Os pequenos volven a ser os protagonistas na Mostra Cativa do Valadouro. Os máis cativos farán gozar a todos os asistentes e poñerán en valor a nosa cultura e tradición coas súas actividades. A asociación cultural Amado Lar organiza a cita o domingo 16 de xuño. O colectivo estará acompañado da asociación cultural Ledicia e da agrupación O Feitizo.
Na cita, que conta coa colaboración da concellería de cultura do Concello do Valadouro, poderase gozar das actuación dos máis pequenos. Este colectivo naceu nos anos 80, nun momento de auxe das asociacións culturais e de recuperación das tradicións e na que o baile tradicional estaba en auxe.
A presenza de Amado Lar na vida cultural do Valadouro nótase en máis momentos do ano ademais do Mercado de Primavera. De feito, outro dos momentos importantes é a celebración da Mostra que fan unha semana antes das Festas do Oito, que teñen lugar no mes de setembro.