Chega a Cervo a I Mostra de Cantareiras e Cantareiros

AMariñaXa
Dende Airiños do Xunco animan a veciños e asistentes a reunirse na actividade que nace co obxectivo de desfrutar dunha representación da nosa cultura
Imaxe recurso de tradición galega
4 Out 2024

Logo de moitos anos traballando polo grupo, Airiños do Xunco volve a celebrar a súa mostra anual. Desta vez a cita, que terá como protagonistas a música e a tradición galegas, xirará en torno aos cantareiros. A formación pon en marcha a I Mostra de Cantareiras e Cantareiros que se celebrará este sábado 5 de outubro no salón de actos do concello de Cervo.

A proposta, que conta coa colaboración do Concello, dará comezo ás 18.30 horas e contará coa actuación do grupo veciño AC Saiñas e Son D’aquí que veñen dende a Coruña. Dende Airiños do Xunco animan a veciños e asistentes a reunirse na actividade que nace co obxectivo de desfrutar dunha representación da nosa cultura.

0.049543857574463