Charly Braun mestura maxia e igualdade este venres no Valadouro
AMariñaXa
Esta é unha actividade de Ler Conta Moito, o programa de dinamización das Bibliotecas da Xunta
17 Out 2024
Este venres 18 de outubro a maxia vai a ser protagonista no Valadouro. Na vila organizan Maxia pola Igualdade, onde o gran mago Charly Braun ten como obxectivo visibilizar a través da maxia que calquera persoa é capaz de facer o que se propoña, sexa home ou muller. Esta é unha actividade de Ler Conta Moito, o programa de dinamización das Bibliotecas da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Valadouro. Maxia pola Igualdade é un espectáculo para todos os públicos. Poderase ver a Charly Braun e a súa maxia na Casa da Cultura do Concello do Valadouro ás 19:00 horas.