Charla sobre aves mariñas na Costa da Mariña e Ortegal no Vicedo

O Concello do Vicedo acolle o sábado 30 ás 19.00 horas a charla divulgativa sobre as aves mariñas da costa da Mariña e Ortegal, con especial atención ás aves que aniñan na Coelleira.
A charla será impartida por responsables do CEIDA da Coruña.