Charla do doutor Manuel A. Botana sobre a importancia da alimentación para a saúde, en Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
O doutor Manuel Antonio Botana, especialista en Endocrinoloxía e Nutrición, ofrecerá unha charla no Centro Sociocomunitario de Ribadeo, que está na rúa Ibáñez, detrás da casa consistorial, este mércores, día 10 ás 16:30 horas.
8 Abr 2019

O doutor Manuel Antonio Botana, especialista en Endocrinoloxía e Nutrición, ofrecerá unha charla no Centro Sociocomunitario de Ribadeo, que está na rúa Ibáñez, detrás da casa consistorial, este mércores, día 10 ás 16:30 horas. Este acto é aberto ao público e está dirixido a toda a poboación.
O doutor Botana explica que a súa charla deste mércores en Ribadeo versará sobre os alimentos e o que debemos facer para ter unha dieta equilibrada e saudable.
Manuel Antonio Botana é licenciado en Medicina e doutor pola Universidade de Santiago, especialista en Endocrinoloxía e Nutrición (residencia - MIR- cursada no Hospital Marqués de Valdecilla), adxunto de Endocrinoloxía e Nutrición no HULA, foi presidente da Sociedade Galega de Endocrinoloxía durante 8 anos, ata 2016, membro do Grupo de Traballo en Diabetes da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición (coautor das últimas recomendacións da SEEN para o tratamento da Diabetes), membro da Sociedade Española de Diabetes, membro da Sociedade Española de Arteriosclerosis, membro da Sociedade Española para o Estudo da Obesidade e membro da xunta directiva da Sociedade Galega de Nutrición e Dietética. Ademais publicou varios artigos científicos en revistas nacionais e internacionais, así como comunicacións a congresos e foi coordinador do Documento Galego de Consenso Multidisciplinar para o Tratamento da Hipercolesterolemia.

0.18647408485413