Cervo xa está preparado para celebrar un Entroido por todo o alto

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
14 Feb 2020

O alcalde, Alfonso Villares, a Delegada de Cultura, Dolores García Caramés, e outros membros da corporación municipal, presentaron este pasado martes a programación do Concello para este Entroido xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco, Asociación de Veciños de Lieiro, Rebolaxe, Mulleres Rurais As Espalladoras, Asociación Alborada e CIT San Ciprián.

Os actos comezan coa Cena de Comadres organizada pola Asociación Alborada o vindeiro xoves 20 na Terrada O Noso Lar.

O Desfile de Entroido de Cervo terá lugar o domingo 23 de Febreiro. As inscricións estarán a disposición dos participantes de 17 a 18 no pavillón de Cervo, de onde sairá o desfile que será amenizado por unha charanga. Ao remate haberá un espectáculo e a  entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas. Os premios serán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas con produtos típicos de entroido. Para máis información os interesados poden chamar aos teléfonos 617 31 32 07 ou 982 55 76 13.

O luns 24 celebrarase a Festa Infantil de Entroido organizada polo Concello de Cervo na Praza dos Campos a partir das 17:30 horas .

O martes 25 levarase a cabo a Comida de Entroido organizada polo CIT San Ciprián no Restaurante Buenavista ás 14 horas .

A continuación terá lugar o Desfile de Entroido de San Ciprián a partir das 18 horas con saída na Praza dos Campos. Haberá 2.280 euros en premios aos mellores disfraces e comparsas, ademais de vales de consumición nos locais de hostalería colaboradores e bolos preñados para os participantes. Ao remate do desfile amenizará un grupo de música e haberá venda de bolos preñados a cargo de A Rebolaxe.

As persoas interesadas en participar no desfile poderán anotarse na Casa da Cultura de San Ciprián, chamando ao 982 595 157, en horario de mañá e ata o venres 21 de Febreiro incluído; e recibirán vales consumición para os establecementos hostaleiros locais.

Aceptaranse inscricións ata o luns 24 na Casa da Cultura pola mañá; e ese mesmo día na Praza dos Campos, dende as 16:00 ata as 17:30 horas; pero sen dereito a vales. Os participantes que desexen anotarse a partir das 17:30 horas do día do Desfile quedarán excluídos do concurso, pero poderán participar igualmente na marcha. Os premios entregaranse na Praza dos Campos ás 21:30 horas; e todos os gañadores terán que recollelo co disfrace posto.

O venres 28 de Febreiro, como novidade, celebrarase o Baile de Entroido co grupo ÉPO-K organizado pola Asociación de Veciños de Lieiro. Haberá tamén unha chocolatada para os asistentes. A entrada é de balde.

O sábado 29 péchase a semana de Entroido no Concello de Cervo  co Desfile de Entroido de San Román organizado pola Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras. Será a partir das 22:30 horas no Pavillón de San Román de Villaestrofe e estará amenizado polo Grupo Fénix. Repartiranse máis de 1.500 euros en premios aos mellores disfraces e o teléfono para formalzar a inscrición é o 656.272.802


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16454911231995