Cervo volverá render homenaxe aos seus maiores na XL edición do Día do Xubilado

O Concello de Cervo organiza a XL edición do Día do Xubilado, unha cita que este ano terá lugar o 1 de maio e que pretende render homenaxe ás persoas maiores do municipio cunha xornada chea de emocións.
Para poder asistir será necesario ser pensionista polos conceptos de xubilación, viuvez ou invalidez, poder valerse por si mesmo e estar empadroado no municipio de Cervo. Ademais, haberá que inscribirse na Casa Consistorial ou na Casa da Cultura de San Ciprián antes do 24 de abril.
Na pasada edición, a cita logrou reunir 560 persoas, que gozaron dunha xornada de convivencia na que non faltaron a comida e a música, poñendo en valor o papel das persoas maiores como piar fundamental da comunidade.