Cervo suma unha centenaria máis

AMariñaXa
Cervo suma unha centenaria máis a súa lista de persoas lonxevas do municipio. Dosinda Eijo Quelle é usuaria do Centro de Día Residencia
Dosinda Eijo Quelle 100 anos cervo
Dosinda Eijo Quelle 100 anos cervo
19 Nov 2022

Cervo suma unha centenaria máis a súa lista de persoas lonxevas do municipio. Así, Dosinda Eijo Quelle, usuaria do Centro de Día Residencia, vén de cumprir 100 anos.

O rexedor cervense, Alfonso Villares, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, achegáronse ata o centro para amosarlle o seu cariño e facerlles entrega dun ramo de flores. Ademas compartiron uns intres con ela e coa súa familia.

0.091583013534546