Cervo subvenciona un curso de iniciación á forxa tradicional

AMariñaXa
O Concello de Cervo apoia un curso de iniciación á forxa tradicional impartido por Telmo Cao
curso_forxa_tradicional_cervo
4 Xul 2024

O Concello de Cervo apoia un curso de iniciación á forxa tradicional impartido por Telmo Cao. O taller celebrarase do 5 ao 9 de agosto, e as persoas interesadas poden inscribirse e recibir máis información sobre o prezo -subvencionado parcialmente polo Concello- no teléfono 638 717 272 ou no correo telmocao@yahoo.es.

O obradoiro deste artesá está instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos, que lle fora cedida polo Concello de Cervo no ano 2020. O artesán Telmo Cao abre as portas do seu obradoiro, instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos a aquelas persoas interesadas en recibir formación teórica e práctica en materia de forxa tradicional.

Deste xeito, promove un taller en colaboración co Concello de Cervo, que se desenvolverá do 5 ao 9 de agosto, no seu obradoiro, situado no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos. Este obradoiro nace como un complemento á actividade principal que desempeña no seu taller no que realiza pezas únicas previo encargo.

A rexedora, Dolores García Caramés, quixo felicitar ao artesán “por esta iniciativa pioneira de compartir o seu talento e abrir as portas do seu taller a aquelas persoas interesadas na materia que terán o privilexio de achegarse a este mundo da man dun dos poucos profesionais que quedan en activo neste oficio que é parte importante do noso patrimonio”.

0.13276600837708