Cervo: Ruta do Sendeiro Azul

AMariñaXa
Trátase dun percorrido de 2,36 quilómetros que pasan pola praia do Torno e a ría de Lieiro, entre outros puntos de interese de Cervo
CERVO sendeiro Torno runias fabrica
17 May 2022

Trátase dun percorrido de 2,36 quilómetros que pasan pola praia do Torno e a ría de Lieiro, entre outros puntos de interese.

Este Sendeiro Azul atópase na localidade de San Cibrao e conta cun percorrido de 2,36 quilómetros. A maior parte do seu traxecto transcorre no perímetro da praia do Torno, que conta cunha Bandeira Azul, e da ría de Lieiro, e ademais conta cunha espectaculares e fermosas vistas.

A praia do Torno é de area branca e a súa contorna atópase urbanizada, coa típica especie faunística do litoral. Integrada no casco urbano de San Cibrao, esténdese dende a ría de Lieiro ata a zona portuaria. Aínda que está rodeada de edificacións máis modernas, a vista do porto e da Concha, xunto coas súas embarcacións e coa Anxuela ao fondo fan desta praia un lugar moi acolledor para pasar o día e desfrutar dunha xornada de mar.

O itinerario do roteiro permite a observación do conxunto de planicies intermareales, marismas e cordóns dunares que conforman un espazo de gran biodiversidade e valor paisaxístico.

Así mesmo conxuga o pasado e presente, e proba diso son as carpinterías de Ribeira, as fábricas de salgadura e o serradoiro sen deixar de facer referencia á popular festa e lenda da Maruxaina que se celebra todos os segundos sábados de agosto. Para desfrutar ao máximo dest camiñata haberá moitos espazos de recreo e esparexemento en todo o percorrido.

Dende a antiga fábrica de salgadura e serradoiro comeza ou finaliza a ruta Sendero Azul. Esta edificación atópase perfectamente restaurada e segura. Nela pódense ver os fosos onde se depositaba o sal e nos cales se gardaba o peixe cando o traían os barcos ao porto de San Cibrao. Está perfectamente iluminada polo que pode visitarse tanto polo día coma pola noite.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20668911933899