Cervo reparte os premios de Entroido

AMariñaXa
O Concello de Cervo fixo público estes días os fallos dos diferentes concursos que tivo en marcha con motivo da celebración do Entroido.
CERVOconcurso disfraces4
19 Feb 2021

O Concello de Cervo fixo público estes días os fallos dos diferentes concursos que tivo en marcha con motivo da celebración do Entroido.

No concurso de disfraces na categoría individual infantil o primeiro premio foi para Harry Potter (Eleazar), o segundo para Pop Corn (Mateo) e o terceiro para Los Juegos de Mesa (Azhara). En adultos o gañador foi O desembarco de Adri e Pooh (Adri), seguido de Scar (Sara) e Novia Cadáver (Irene).

En parellas infantís os gañadores foron Navegando un soño (Martina e Tiago), Vaqueros de San Ciprián (Abel e Lía) e Asistencia en Carretera (Sara e Vera). En adultos repartiron entre Indios (Rebeca e Roberto) e As María de Santiago (Carlos e Lara).

Os grupos familiares estiveron encabezados por Mountros de Cores (familia de Elba), Superheroes da Mariña (Asociación A Mariña) e Un Parraque (familia García Couso). No último grupo, o virtual, os premios foron para Loitemos como Galegas (comparsa de Laura), Arvin y las Ardillas (Tania, Silvia e Mara) e Zoo patas arriba (Lara, Irea, Mafalda, Celia, Patricia e Vitoria.

Houbo premios especiais para a Mascota e o Boneco deste Entroido virtual do Concello de Cervo para Pooh e o Boneco de José M. González Copa.

LARPEIRADAS

Tamén houbo concurso para receitas de larpeiradas de Entroido.

Na categoría adulto o primeiro premio foi para Paloma pola súa receita de orellas; o segundo para Elba, pola súa receita de filloas e o terceiro para Begoña, polas rosquillas.

Na categoría infantil gaño o biscoito de Martín, seguido das telerañas de Cecilia. No terceiro houbo empate entre as magdalenas de Nuria e o biscoito de Helena.

Tamén houbo premio especial á receita en equipo para as persoas usuarias da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, pola súa receita de Torradas.

QUE É O AMOR PARA TI?

17 creacións participaron no concurso de San Valentín que en categoría adulto tivo como gañadores a Irene, Anoushka Shanlar e Fran García Novo, e Guillemina.

En infantil os gañadores foron Helena, Anxo e Jesús. Houbo tamén premio especial pola proposta en equipo e máis elaborada ás persoas usuarias da unidade residencial da asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña.

0.12731385231018