Cervo reforza a limpeza da vila durante a Semana Santa coa instalación de aseos públicos

AMariñaXa
Os aseos estarán dispoñibles durante toda a Semana Santa na Praza dos Campos con servizo de limpeza e mantemento diario
cervo-baños-publicos
15 Apr 2025

O Concello de Cervo instala baños públicos portátiles na Praza dos Campos que dan servizo aos diferentes eventos programados e que funcionan como un reforzo dada a gran afluencia de xente que visita a vila durante as vacacións de Semana Santa.

Os aseos estarán dispoñibles durante toda esta semana, con servizo de limpeza e mantemento diario. Desde o Concello agradecen a colaboración cidadá para manter a vila na mellor das condicións non só nestes días, senón durante todo o ano.

⚙ Configurar cookies
0.15186595916748