Cervo reforza a información sobre o covid-19 nas zonas máis concorridas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo, a través das concellerías de Medio Ambiente e Turismo, está a reforzar estes días a información en materia de prevención do COVID-19 nas zonas máis concorridas e turísticas do municipio.
xabons_portada
22 Xul 2020

O Concello de Cervo, a través das concellerías de Medio Ambiente e Turismo, está a reforzar estes días a información en materia de prevención do COVID-19 nas zonas máis concorridas e turísticas do municipio.

Así, nestas xornadas estanse a instalar unha vintena de paneis colgantes coa mensaxe “na praia sentidiño” e “no parque sentidiño” nos que se inclúen as medidas a seguir pola poboación para previr o COVID-19 –uso de máscara en todo momento menos na hora do baño, manter a distancia de seguridade ou lavar frecuentemente as mans; entre outras-.

A cartelería pódese ver na zona do peirao de San Cibrao, no paseo do Torno e nos parques municipais, zonas moi frecuentadas tanto pola veciñanza como polos turistas que visitan o municipio.

Así mesmo, xa está ondeando desde fai uns días a bandeira Azul na praia do Torno, e tamén a bandeira de Praia sen Fume; e 6 socorristas velan pola seguridade dos bañistas, aos que se lle pide que atendan e respecten en todo momento as súas recomendacións e os protocolos fixados pola seguridade de todos.

No Concello de Cervo a día de hoxe hai 0 caso activos de coronavirus; unhas cifras que hoxe podemos celebrar grazas ao comportamento exemplar da veciñanza que está a respectar en todo momento as limitacións fixadas; pero piden “manterse alerta” e “non baixa a garda” para poder continuar nesta senda e recuperar canto antes a normalidade.

0.18729114532471