Cervo quere elaborar un ano máis o seu Belén de plastilina

AMariñaXa
Este Nadal o Concello de Cervo prepara un Belén de plastilina que estará composto por figuras elaboradas polos nenos e maiores
1 belen plastilina cervo
4 Dec 2023

O Concello de Cervo e con motivo da época de Nadal pide a colaboración da veciñanza máis pequena para elaborar un novo Belén de plastilina.

Esta cita de obradoiro manual será o xoves 7 de decembro na casa do Concello de Cervo ás 12.00 horas e tamén na casa da cultura de San Cibrao ás 18.00 horas.

Os participantes encargaranse de compoñer un Belén confeccionado con todas esas pezas de plastilina.

belen plastilina cervo 2023
0.089421987533569