Cervo protagoniza as Primeiras Olimpíadas de Atletismo
As pistas de atletismo da Veiga acollerán as Primeiras Olimpíadas de Atletismo o domingo, 14 de xullo. A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, polo vicepresidente da Federación Galega de Atletismo,Suso Vázquez, e pola Presidenta do Club Maderas Barcia Cervo, Patricia Calvo, como entidade que organiza o evento, coa colaboración do Concello.
Tal e como sinalaron, estas olimpíadas nacen co obxectivo de facer un día enteiro de competición para fomentar o deporte do atletismo, e que os atletas poidan participar nas diferentes disciplinas que compoñen o Mundo Atlético. As inscricións permanecerán abertas ata o luns 8 de xullo a través do enlace nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil.