Cervo promove clases de baile de salón con ampla variedade de ritmos

O Concello de Cervo anima á veciñanza a inscribirse nas clases de baile de salón que organizan conxuntamente a Asociación ARAMA (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos da Mariña) e a Escola de Baile Hover Cross.
O curso dará comezo o 10 de setembro, ás 21:00 horas, no pavillón do CEIP Península da Paz en San Cibrao. As sesións terán unha duración dunha hora semanal e serán impartidas por profesorado titulado en diferentes estilos como vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información nos teléfonos 648 033 250, 620 817 300 e 630 864 427.
A presentación desta iniciativa contou coa presenza da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, do presidente de ARAMA, Manuel Casas, e do recoñecido profesor de baile internacional Francisco Villarino, que será un dos encargados da formación.
Desde o Concello destacan que esta proposta pretende fomentar o lecer activo e saudable, ao tempo que ofrece unha oportunidade de socialización e aprendizaxe para persoas de todas as idades.