Cervo presenta un programa con diferentes actos polo 25N

AMariñaXa
Propoñen o evento solidario 'Unha vela por ti' e un taller de fotografía de luz negra
cervo-25n
13 Nov 2024

O Concello de Cervo programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

Ese mesmo día, luns 25, terán lugar os actos centrais concentrados na Praza Nardo Martínez, en San Ciprián. Así, ás 19.00 horas celebrarase o acto solidario 'Unha vela por ti', en colaboración coa asociación Mujeres en Igualdad Cervo. As persoas asistentes poderán adquirir alí mesmo velas como xesto simbólico, e a recadación irá integramente destinada para a vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental, da asociación Saúde Mental A Mariña.

A axenda de actos completarase esta mesma fin de semana. Así o sábado 23 de novembro terá lugar un taller de fotografía de luz negra na Casa da Cultura, impartido por Diana Fajardo.

Será en dúas quendas, en horario de 17.00 a 19.00 horas, para as crianzas de 10 a 16 anos; e de 19.15 a 21.15 horas, para as persoas adultas. As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura, no teléfono 982 595 157. As persoas asistentes que o desexen poden levar a súa cámara fotográfica ao obradoiro.

Xa o domingo 24 ás 12.00 horas está previsto o visionado dos traballos do taller na Casa da Cultura e tamén a inauguración da mostra fotográfica 'Queremos ser Libres', de Diana Fajardo, que se poderá visitar ata o 22 de decembro.

O Concello de Cervo de Cervo convida a veciños e visitantes a participar nestes actos para poñer tamén o foco sobre a lacra da violencia de xénero, un problema colectivo que concirne á toda a sociedade no seu conxunto.

 

 

0.20211482048035