Cervo prepara os seus areais para a nova tempada

AMariñaXa
O Concello de Cervo realizou traballos de limpeza e acondicionamento dos areais do municipio, tal e como vén sendo habitual por estas datas.
limpeza praiais cervo
30 Mar 2021
O Concello de Cervo realizou estes días traballos de limpeza e acondicionamento dos areais do municipio, tal e como vén sendo habitual por estas datas, coincidindo co período de vacacións dos rapaces a fin de proporcionarlles "ás familias e a toda a nosa veciñanza espazos seguros, ao aire libre, para poder desfrutar destes días festivos nestes tempos de pandemia".
Tal e como constataron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, retiráronse madeiras, maleza, e outros materiais que foron deixando os temporais dos últimos meses, pero tamén, restos xerados polo ser humano "como feces de mascotas, plásticos, envases..."; polo que tamén quixeron facer un chamamento ao civismo "para poder desfrutar todos destes espazos únicos que temos o privilexio de ter no noso municipio".
"Esta pasada fin de semana xa vimos como as nosas praias foron, precisamente, un dos escenarios escollidos para gozar do bo tempo, e agardamos que así siga sendo sempre mantendo unha actitude responsable, para protexer e protexernos", conclúen.
0.19637513160706