Cervo organiza un curso iniciación á fotografía
A delegación de Xuventude do Concello de Cervo que dirixe Dolores García Caramés, programa un curso gratuíto de iniciación á fotografía e ao vídeo dixital para maiores de 12 anos.
O obradoiro será impartido polo fotógrafo local Julio Noche, e desenvolverase todos os sábados, desde o 9 de marzo ata o 17 de abril, en horario de 17:30 a 20:30 horas.
Para participar é necesario contar cunha cámara dixital ou con teléfono móbil con controis manuais. Ademais, nas sesións do 23 de marzo e do 13 de abril, requírese levar un ordenador que teña instalado Adobe Photoshop e Adobe Premier.
As inscricións poden facerse na Casa da Cultura (982.59.51.57), enviando un whatssapp ao teléfono 691.656.600 ou un correo a dinamizacion@concellodecervo.
O límite de prazas está fixado en 15 persoas.