Cervo organiza o XXI concurso de postais de Nadal
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo organiza o XXI concurso de postais de Nadal, no que poderán participar todos os escolares.
16 Nov 2020
O Concello de Cervo organiza o XXI concurso de postais de Nadal, no que poderán participar todos os escolares que se atopen cursando estudos de Infantil e Primaria.
Os traballos presentaranse na casa da cultura de San Cibrao ou no Concello de Cervo ata o 30 de novembro e entre as tres postais finalistas, o xurado elixirá unha coa que o Concello felicitará o Nadal a outras institucións e administracions.
Establecerase un premio para cada modalidade, de 3 a 5 anos, de 6 a 9 e de 10 a 12 anos. O fallo do xurado farase público o 4 de decembro.