Cervo organiza hoxe unha charla sobra a sauna castrexa da Atalaia

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este martes, o Concello de Cervo e o colectivo Mariña Patrimonio, convidan a unha charla divulgativa da man do arqueólogo Emilio Ramil para coñecer en profundidade todos os detalles sobres os posibles restos castrexos que apareceron na zona da Atalaia.
1
6 Ago 2019

O encontro será ás 20 horas no auditorio da casa da cultura.
Neste acto participarán o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o arqueólogo que dirixiu a intervención arqueolóxica, Emilio Ramil.

Unhas obras de alcantarillado permitiron dar coa sauna castrexa mellor conservada do noroeste peninsular. Hai 15 anos que comezaran as obras neste enclave cervense para a construcción de 82 vivendas que logo quedaron paralizadas e finalmente abandonadas. A sauna, coa súa falsa bóveda intacta e a súa 'pedra formosa' no seu sitio, componse dun conxunto de estancias que conforman un edificio monumental.
Co achádego, agárdase dar un empurrón definitivo á recuperación do castro da Atalaia, situado nunha península rodeada de area e mar.
A pequena península da Atalaia de Cervo acollía na Idade do Ferro un castro ou asentamento fortificado pertencente á cultura castrexa.
1 1
0.18581199645996