Cervo levará o saneamento aos núcleos da Alleira e o Cal, en San Román

AMariñaXa
Cervo destinará 77.355,45 euros procedentes todos eles de fondos municipais, para levar o saneamento aos núcleos da Alleira e O Cal
SANEAMENTO AOS NuCLEOS DA ALLEIRA E O CAL EN SAN ROMaN
31 Jul 2021

O Concello de Cervo destinará 77.355,45 euros procedentes todos eles de fondos municipais, para levar o saneamento aos núcleos da Alleira e O Cal, na parroquia de San Román de Vilaestrofe.

O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro cos pedáneos da zona, Antonio Vila e Plácido Pérez, e cunha representación da veciñanza, para explicarlles polo miúdo o proxecto que se executará nos vindeiros meses.

Os traballos, tal e como relataron, consistirán basicamente “na creación da rede de saneamento de augas residuais e na renovación do pavimento nos tramos da vía afectados, mellorando as condicións de accesibilidade existentes nestes núcleos”.

Así, crearase unha nova rede de sumidoiros, renovaranse as acometidas domiciliarias, procederase a apertura de gabias e á instalación das correspondentes arquetas e pozos de saneamento e á execución de cunetas de formigón e á reposición, finalmente, do firme asfaltado.

Villares apuntou que se trata dunha actuación importante para a veciñanza destes núcleos, “son obras que non se ven, que están soterradas, pero que son moi necesarias para seguir a mellorar a calidade de vida dos cervenses”, neste caso en beneficio daqueles que viven no rural, e para nós é primordial que “as inversións cheguen a cada recuncho do noso municipio que o precise, e dende o Concello traballamos decididamente para elo”, engadiu.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18972206115723