Cervo levará o saneamento ao lugar de Santomé

AMariñaXa
O Concello de Cervo destinará 47.403,81 a levar o saneamento ao lugar de Santomé, na parroquia de San Román de Vilaestrofe.
Saneamento San Roman_cervo
27 Feb 2021

O Concello de Cervo destinará 47.403,81 procedentes do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, para levar o saneamento ao lugar de Santomé, na parroquia de San Román de Vilaestrofe.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, mantiveron un encontro co pedáneo da zona, Antonio Vila, e cunha representación da veciñanza, para explicarlles polo miúdo o proxecto que se executará nos vindeiros meses.

Os traballos consistirán no soterramento das canalizacións de saneamento, telecomunicacións e alumeado público e na pavimentación da vía que transcorre por Santomé aproveitando para recuperar a condución das augas pluviais polo seu curso natural.

Villares apuntou que se trata dunha actuación importante para a veciñanza deste núcleo, “son obras que non se ven, que están soterradas, pero que son moi necesarias para seguir a mellorar a calidade de vida dos cervenses”, neste caso en beneficio daqueles que viven no rural, e para nós é primordial que “as inversión cheguen a cada recuncho do noso municipio que o precise, e dende o Concello traballamos decididamente para elo”, engadiu.

Con esta actuación preténdese favorecer o soterramento do cabreado para logo, nunha segunda fase, proceder á execución das instalacións de depuración das augas residuais.

0.18133902549744