Cervo invita hoxe a aprender paddel surf nun curso gratuíto
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Ago 2019
O Concello de Cervo organiza para a tarde deste venres, 23 de agosto, unha sesión gratuíta de paddle surf.
O punto de encontro será a Praia do Torno, á altura do peirao, ás 16:00 horas.
San Cibrao, pobo costeiro e moi cercano, en todos os aspectos; as praias, as xentes... segue atraendo cada verán e máis coas múltiples actividades que impulsa o Concello en coloboración coas asociacións.
Por exemplo, no Campus Voley Entrenos pódese desfrutar das praias, xogar ao voley nos areais, iniciarse no paddle surf e coñecer a cultura e a contorna, cheas de opcións deportivas e culturais.
O club voleibol Emevé colabora co Concello de Cero en facer realidade algunhas das actividades estivais.