Cervo inaugura este martes o programa A caixa de música
O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa “A Caixa de música”, un ciclo de concertos de música clásica e de bandas que terán lugar en diferentes puntos do Concello nos vindeiros meses.
Este programa terá a súa apertura este martes na Praza do Souto co concerto da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro ás 13:00H.
A Caixa de música pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos serán en fins de semana ou festivos á hora do mediodía.
Segundo a Concelleira de Cultura Dolores García Caramés “é un xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que durante todo o ano levamos a cabo no noso Concello e deste xeito tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música para todos os gustos”.
Engade tamén que “se trata dun programa que pretende dinamizar a programación cultural de aquí a final de ano e que completa o programa de concertos que xa foi presentado no día de onte, “O son do nordeste” que traerá a Cervo grupos de música de diferentes estilos nos vindeiros meses.