Cervo inaugura a mostra 'Photo Xuntanza' e un curso de fotografía

AMariñaXa
Cervo inaugura a mostra fotográfica 'Photo Xuntanza', unha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola.
PhotoXuntanza cervo
30 Abr 2024

Cervo inaugura a mostra fotográfica 'Photo Xuntanza', unha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola. A inauguración da selección de 70 imaxes de temática e técnica moi variadas está prevista para o domingo 19 de maio ás 18.30 horas na sala das Caraboeiras, en Sargadelos.

Como actividade complementaria da man da asociación Os Negativos de Viveiro, vaise impartir un curso gratuíto de fotografía o 25 de maio e o 1 de xuño, en horario de tarde. As persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse neste taller nos teléfonos 649 03 73 00 (Ocaña) ou 647 56 83 83 (Paco)

Na mostra colectiva participan Fotonavia, asociación creada en Navia; Os Potiños, un grupo de Carballiño; Grupo Asemeya de Xixón; a asociación Os Negativos de Viveiro e Vicente Ansola, como convidado especial, prestixioso fotógrafo cántabro posúe varios premios de carácter internacional.

0.19013500213623