Cervo homenaxea ás mulleres que teceron máscaras no confinamento
AMariñaXa
O Concello de Cervo para este 8 de marzo, Día da Muller, renderá homenaxe as mulleres que teceron máscaras durante o confinamento.
6 Mar 2021
Un dos actos principais que ten programado o Concello de Cervo para este 8 de marzo, Día da Muller, é un recoñecemento ás Mulleres Solidarias do concello.
Nesta ocasión, a homenaxe será Mari, Angelines, Victoria, Adeli, Margarita, Carmen, Mari Luz e Nati, que coas súas propias mans teceron milleiros de máscaras durante o confinamento.
Este luns, 8 de marzo, ás 17:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, está programado o recoñecemento a todas elas polas súas Puntadas de solidariedade