Cervo forma a 16 mozos e mozas como monitores de tempo libre no marco do programa Avívate

AMariñaXa
O curso combinou teoría e práctica con actividades variadas e fomentou valores como o traballo en equipo e o respecto polo medio
Cervo-curso-monitor-tempo-libre-2025
14 Aug 2025

O Concello de Cervo clausurará esta semana o Curso de Monitor/a de Tempo Libre desenvolvido durante o verán dentro do programa municipal Avívate, no que participaron 16 mozos e mozas. A iniciativa combinou formación teórica e práctica, cun amplo abano de actividades dentro e fóra da aula, co obxectivo de preparar aos futuros monitores para traballar en campamentos, propostas culturais e proxectos de lecer educativo.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitou nestes días ao grupo para coñecer de preto o seu traballo e interesarse polo desenvolvemento da formación. No seu percorrido, agradeceu a implicación do alumnado e recoñeceu o esforzo e dedicación de Alicia, a monitora responsable do curso, que culminará este mércores cun xantar de confraternidade.

A rexedora subliñou que “desde o Concello de Cervo seguimos apostando pola educación non formal, o ocio saudable e a formación de calidade para a nosa mocidade”, e destacou que experiencias como esta contribúen a fomentar valores como a responsabilidade, a cooperación e o respecto polo medio ambiente.

⚙ Configurar cookies
0.20468497276306