Cervo foi o escenario dunha demostración sobre transporte e mobilidade aérea autónoma

AMariñaXa
O Concello de Cervo foi o escenario dunha demostración tecnolóxica sobre transporte e mobilidade aérea autónoma
DEMOSTRACIon dron cervo
22 Out 2021

O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde, Dolores García Caramés, visitaron a parcela que foi cedida pola Administración local ao Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) no Polígono Industrial de Cuíña. 

O ITG levou a cabo unha demostración tecnolóxica sobre transporte e mobilidade aérea autónoma ante empresarios de diferentes sectores co obxectivo de mostrar a diversificación e posibilidades que os drons poden atender.

Para o alcalde Alfonso Villares “é satisfactorio ver como se seguen dando pasos neste proxecto tecnolóxico, que naceu froito da aposta que fixemos, xa hai case 6 anos, a través da cesión ao ITG da parcela 165 do Polígono de Cuíña que conta cunha superficie de 2.365 m2”.

Apunta o rexedor que “con este acordo intentamos apostar por un sector como o dos drons, que hoxe en día se sitúa á vangarda tecnolóxica e coloca ao noso Concello nunha posición estratéxica e privilexiada en materia de innovación e desenvolvemento a nivel nacional”. Quixo recalcar tamén “o gran beneficio que supón para o noso municipio que empresas e organizacións se establezan aquí, diversificando a actividade e abrindo novos camiños empresariais”. 

0.21414995193481