Cervo foi escenario do curso internacional intensivo de Taijitsu
O Concello de Cervo acolleu esta pasada fin de semana, un curso internacional intensivo de Taijitsu cos Mestres Jan janssens e Edgar Kruyning, organizado polo Departamento de Nihon Taijitsu da Federación gallega de Karate en colaboración co Concello de Cervo. No curso participaron un total de 50 asistentes procedentes de diferentes lugares de España, Italia, Bélxica, Holanda e Suecia.
Desde a organización apuntan que foi unha inmersión nas Artes Marciais que proveñen do mestre Minoru Mochizuki, sendo ambos os mestres os máximos responsables a nivel mundial". Ter un curso con estes profesores de tan alto nivel -engaden- non é fácil a nivel europeo, pola dificultade de xuntar a ambos e polos recursos necesarios.
Todos os asistentes quedaron encantados da experiencia de adestramento/convivencia e quedaron xa emprazados para repetilo o proximo ano na mesma data. primeira fin de semana de xullo. Moitas grazas ao concello de cervo e á súa alcaldesa dores por estar sempre axudando e colaborando, conseguiuse que Cervo ecoe e nivel europeo como un epicentro das artes marciais xaponesas e chinesas. Tamén veñen habitualmente tamén representantes internacionais desde China da familia Chen e a Familia Yang, en setembro, teremos de novo outra vez ao Mestre Yang Jun, herdeiro directo da familia Yang, o estilo de taichi mais coñecido no mundo.