Cervo escolleu aos gañadores do concurso Versos de Rosalía
AMariñaXa
O xurado xa decidiu os premios do concurso de Versos de Rosalía, programado no Concello de Cervo, con motivo deste 24 de febreiro.
26 Feb 2021
O xurado xa decidiu os premios do concurso de Versos de Rosalía, programado pola delegación de Cultura, que dirixe Dolores García Caramés no Concello de Cervo, con motivo deste 24 de febreiro, día no que se conmemorou o nacemento da escritora máis universal.
Na categoría xuvenil gañaron Nuria, Martín e Xoel (con empate na puntuación) e Jesús e Helena (empatados en puntuación). En categoría sénior os premios foron para Josefa, Carmen e Pío Vidal. Todas as persoas participantes recibirán un agasallo.