Cervo escolleu aos gañadores do concurso de postais de Nadal
AMariñaXa
O Concello de Cervo fixo público o fallo do xurado no concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
13 Dec 2023
O Concello de Cervo fixo público o fallo do xurado no concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
Nel establecéuse un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. Así, na categoría de 3-5 anos o gañador foi Irene García de 5 anos, na categoría de 6-9 anos foi Mara Basanta de 8 anos, e na categoría de 10-12 anos houbo dous premiados Iván Baltar de 10 anos e Paula García de 11 anos.
Entre as postais finalistas, o xurado elixiu unha para ser a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello e a finalista foi a de Paula García.