Cervo, escenario da IV Carreira Popular Maruxaina
As pistas de atletismo da Veiga o escenario da IV Carreira Popular Maruxaina, o próximo 20 de xullo, da man do Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo. A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run 24, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por varios integrantes do Club Deportivo.
Celebrarase o evento a partir das 11.00 horas, sobre un circuíto de 200 m para pitufos, 500 m para benxamìns, 1000 metros para alevíns, 1609 metros para infantís e cadetes e de 5000 metros para a proba absoluta; con saída e meta nas instalacións deportivas da Veiga, e que transcorrerá por un circuíto mixto, polas rúas de San Ciprián e o paseo do Torno.
As persoas interesadas en participar xa se poden inscribir a través da ligazónnas diferentes categorías, ata o 17 de xullo ás 23.59 horas. Desde o Concello de Cervo animan aos afeccionados e profesionais do atletismo a que se anoten a esta carreira, que é unha oportunidade para desfrutar destas instalacións privilexiadas e tamén de descubrir doutro xeito a beleza do litoral do noso Concello. De regalo a organización obsequiará cunha camiseta técnica aos 250 primeiros inscritos.