Cervo entrega Premios do Certame Versos de Rosalía e do Día do Libro

AMariñaXa
O Concello aproveitou a última ponte festiva para facer entrega dos galardóns durante unha das actuacións culturais programadas
premios-Rosalía-e-Día-do-Libro-cervo
Entrega de premios
21 Maio 2024

O Concello de Cervo aproveitou a última ponte festiva para facer entrega dos Premios do Certame Versos de Rosalía e do Día do Libro, durante unha das actuacións culturais programadas con motivo do Día das Letras Galegas na Casa da Cultura.

Na categoría infantil, resultou gañadora Paula Martínez, mentres que Saúl Turón e Helena quedaron en segunda e terceira posición. Na categoría xuvenil, gañaron Helena Barcia, Gael Pita e Jesús López. Pola súa parte, O Clan do Lobo de Jorge Manchado, V-1422 de Tomás Mariño e Raras Explosións de Daniel Méndez venceron na categoría adultos.

Tamén entregaron o premio na categoría sénior a María Jul, Irene Jul e á Asociación Saúde Mental A Mariña. Ademais tamén levaron un agasallo Sara, Elba, Jorge, Martín, Noa, Nuria, Alyssia, Samuel, Irene, Daniel, María e María Luisa. Entregaron os premios os concelleiros Alfredo Fernández e Adrián Arias.

0.18578004837036