Cervo entrega os premios do certame Amor na rede
AMariñaXa
A rexedora de Cervo, Dolores García Caramés, fixo entrega dos premios do certame de Amor na Rede consistentes en vales para consumir no comercio e a hostalería local.
2 Mar 2024
A rexedora de Cervo, Dolores García Caramés, fixo entrega dos premios do certame de Amor na Rede consistentes en vales para consumir no comercio e a hostalería local.
Na categoría de menos de 18 anos o premio do mellor vídeo foi para Nuria Iglesias e a mellor carta correspondeu a Jesús López. Finalmente, o traballo máis orixinal foi Amor de Gemelliers de Xoel Boullosa.
Na categoría de máis de 18 anos gañou a carta de Tomás Mariño e a foto Animaliños de María. O mellor vídeo foi El amor para mí de Leonardo Alonso e o traballo máis orixinal correspondeu a Amor verdadeiro de JR.