Cervo entrega as medallas aos participantes das Noites Alternativas de Volei Praia
AMariñaXa
ara a próxima semana as Noites Alternativas estarán protagonizadas polo fútbol praia
5 Xul 2024
Cervo entrega as medallas aos participantes das Noites Alternativas de Volei Praia. Las Titas Locas e Sanci ocupan as dúas primeiras posicións en Sub15, mentres que Cartagne Team e Butifarras fano na Sub17 e Uno e Juanchis Team soben ao máis alto do podio na categoría Sénior.
Entregou as medallas a alcaldesa, Dolores García Caramés, que felicitou aos equipos gañadores e deu as grazas a todos os participantes que deron así o pistoletazo de saída as Noites Alternativas. Para a próxima semana as Noites Alternativas estarán protagonizadas polo fútbol praia, de luns a xoves, as anotacións realízanse ás 20.00 horas, o luns 8, na Praia do Torno.