Cervo entrega as axudas ás ANPAS dos centros escolares do municipio
TerraChaXa | AMariñaXa
17 Xan 2019
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, fixeron entrega das axudas ás ANPAS dos centros escolares do municipio (CEIP Península da Paz, CEIP de Cervo e IES Marqués de Sargadelos).
Cada unha recibe 1250 euros procedentes de fondos municipais para os seus gastos de funcionamento e tamén como contribución ás actividades que programan ao longo do curso.
Esta subvención vén sumarse ás que xa se entregaron en días pasados para gastos de transporte do alumnado que estuda fóra (250 euros por alumno), aos centros educativos e para a compra de material escolar.