Cervo e Burela, recunchos destacados nunha publicación de moda

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A revista Vogue España destaca dous lugares de Cervo e un en Burela como os recunchos favoritos de Galicia, escollidos polos galegos ou os achegados á terra.
presentacion_ganduxando
14 Jun 2020

A revista Vogue España destaca dous lugares de Cervo e un en Burela como os recunchos favoritos de Galicia, escollidos polos galegos ou os achegados á terra.

Nesta ocasión, entre os destinos destacados atopanse a Paxase do Pedrido na Coruña, a Ribeira Sacra dende Sober, o Parque Natural Fragas do Eume, o Monte de Santa Tegra, a vila de Combarro en Pontevedra, a illa de Arousa ou a ponte Internacional de Tui.

No tocante á Mariña destacan en Cervo, o Paseo dos Namorados e a Fábrica de cerámica de Sargadelos, e en Burela a súa estupenda Feira do Bonito.

No primeiro comentan que podería ser o escenario do O bosque animado, e é un paseo cara unha fervenza artificial construída en 1791 no río Xunco para abastecer de auga á antiga fábrica de cerámica da localidade. É un paseo circular que transcorre polo monte Escarabelada, reacondicionado polo Concello como xardín botánico.

O segundo, a Fábrica de cerámica, e moi coñecida polas súas vaixelas de cores brancas e azuis obra do gran traballo que Isaac Díaz Pardo, Xosé Vizoso e Luís Seoane desde os anos setenta. Convertiuse na identidade visual e cromática das mesas de toda casa galega. Pódese facer un percorrido guiado pola planta de produción e terminar na Galería. Antes tiñan.

A Feira do Bonito de Burela, destaca por ter un dos portos pesqueiros máis importantes de comunidade no que a súa lonxa despacha principalmente pescada, polbo, congro, sardiña e por suposto bonito. Desde 1983, o primeiro sábado de agosto é o día da Feira do Bonito. E como en toda feira gastronómica galega elaborase este produto en diferentes maneiras, á brasa, cocido ou en empanada entre outros.

publico_presentacion_ganduxando
O meirego Andrés Goteira é o director de 'Dhogs'

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16907691955566