Cervo destina máis de 70.000 euros ás entidades deportivas, sociais e culturais

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo destina 70.000 euros das axudas nominativas que están dirixidas ás diferentes entidades deportivas, sociais e culturais do municipio
0e8a97e4 4e3f 4a1b 9996 e5e58fd2d18b
2 Dec 2020

O Concello de Cervo está a proceder estes últimos días do ano ás sinaturas das diferentes axudas nominativas que están dirixidas ás diferentes entidades deportivas, sociais e culturais do municipio “que desenvolven un traballo fundamental no noso municipio de xeito totalmente altruísta en beneficio de toda a veciñanza”.

Tal e como explicou o rexedor, que está a manter diversos encontros cos representantes de cada colectivo acompañado dos edís do departamento correspondente; “destinamos algo máis de 70.000 euros do orzamento municipal para colaborar cos gastos de funcionamento destas asociacións que enchen de vida Cervo, con diferentes actividades ao longo de todo o ano e/ou que desenvolven un papel primordial en beneficio da comunidade”.

"Sabemos que este ano que está a ser moi difícil para todos", engade o alcalde “tamén afectou sensiblemente ao día a día de todas estas asociacións, que viron tremendamente limitada a súa actividade por mor da pandemia; pero agardamos que no 2021 podamos retomar, sempre priorizando a seguridade, parte desa vida e dese dinamismo que caracteriza a Cervo, e no que desempeñan un papel moi importante estes colectivos".

Villares apuntou que á marxe desta axuda directa, dende o Concello de Cervo “tentamos colaborar sempre en todo o que está na nosa man na organización dos diferentes eventos, con todos os medios materiais e humanos que temos a disposición”.

0.12643194198608