Cervo despide unha nova tempada dos cursos da piscina olímpica municipal

AMariñaXa
Cervo despide esta semana unha nova tempada dos cursos da piscina olímpica municipal tanto na modalidade infantil como de adultos
clausura curso piscina municipal cervo
1 Xuño 2022

O Concello de Cervo despide esta semana unha nova tempada dos cursos da piscina olímpica municipal tanto na modalidade infantil como de adultos.

Tal e como precisou o edil de Deportes, David Rodríguez, que participou na entrega de diplomas, “contamos con máis de 160 cursillistas, entre nenos e adultos, unhas cifras a destacar tendo en conta que foi un ano de transición marcado aínda pola pandemia e polas restricións que trouxo apararelladas, que tamén definiron, en boa parte, o trascurso da tempada”.

Así, no caso dos cursos dirixidos ás crianzas, establecéronse dúas quendas “unha de outubro a febreiro e outra de febreiro a maio, para poder dar resposta á gran demanda existente, que se solventou con estes cursos intensivos”.  En concreto, durante o curso asistiron ás clases 70 nenos/as e 96 adultos.

O concelleiro tamén destacou o volumen de socios/as da piscina “que se mantén en cifras moi similares á época pre-covid, superando os 700”; a maiores dos 1860 usuarios/as que utilizan a instalación de xeito regular utilizando abonos.

0.20139694213867