Cervo convoca un novo curso de monitor de tempo libre

AMariñaXa
A iniciativa enmárcase no programa Avívate en Cervo VII e está dirixida á rapazada maior de 18 anos
monitor_tempo_libre
Imaxe de arquivo
28 Xuño 2024

O Concello de Cervo convoca un novo curso de monitor de tempo libre para incidir na mellora da empregabilidade da mocidade. A iniciativa enmárcase no programa Avívate en Cervo VII e está dirixida á rapazada maior de 18 anos. A inscrición, que se pode formalizar na Casa da Cultura, é de balde, e o prazo remata o 5 de xullo

O curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como sinala a alcaldesa Dolores García Caramés, polo que "apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa”. Con ela esperan “dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”. O curso comezará o 8 de xullo e as prazas son limitadas.

 

0.17252802848816