Cervo contará con diferentes actos con motivo do 25N

AMariñaXa
O Concello de Cervo programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
cartel violencia 25n
21 Nov 2023

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, programa, xunto coa asociación Saúde Mental A Mariña, diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

No programa colaboran tamén a asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), Airiños do Xunco, o CEIP de Cervo, e o CEIP Península da Paz.

Así, o venres 24 de novembro, ás 12:00 horas, está prevista un concentración na Praza Nardo Martínez “pola igualdade e en contra da violencia de xénero” na que se gardará un minuto de silencio en recordo das vítimas, con lectura de manifesto a cargo dun representante do alumnado do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz, e tamén da asoc. Saúde Mental A Mariña.

A continuación, ás 12.30  horas, o grupo de teatro A Mariña, representará no auditorio da Casa da Cultura a obra “Duelo ó Amencer” dentro do circuíto de teatro afeccionado 2023.

O sábado 25 de novembro, as Escolas Vellas de Cervo acollerán, coa colaboración da asociación Airiños do Xunco, a actividade para toda a familia que leva por título Os contos do avó: mulleres galegas. Xa pola tarde, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura, terá lugar o espectáculo de Mere Clown, Circo na Casa.

Ademais, Miguel Ángel Rojo Darriba impartirá uns talleres de defensa persoal, os días 28 e 30 de novembro, no edificio dos xulgados en Cervo e na Casa da Cultura en San Cibrao, respectivamente, ás 20.30 horas. As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura.

O Concello de Cervo convida a participar nas diferentes iniciativas programadas “pola igualdade e en contra da violencia de xénero”.

cartel violencia 25n cervo 2023
0.16740894317627