Cervo conmemorá o Día da Muller o sábado 7 de marzo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 Feb 2020

A Casa do Mar de San Cibrao acolleu a presentación do programa do Día Internacional da Muller que organizan o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Cibrao, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.

Os actos están programados para o sábado 7 de marzo.

Haberá unha cea para todas as mulleres do Concello que desexen asistir. Será no restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas teñen ata o 6 de marzo para retirar os seus tickets na Casa da Cultura de San Cibrao (982 595 157).

Haberá agasallos sorpresa para todas elas. Ademais, farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se está xogar durante este mes; e haberá un recoñecemento especial para a muller de máis idade, asistente á cea.

A xornada rematará con baile na Casa do Mar, a cargo do Dúo Zafiro.

0.20208096504211