Cervo comeza o ano coa posta en marcha dun curso do taller de memoria polas parroquias

AMariñaXa
O Concello de Cervo comeza o ano coa posta en marcha dun novo curso do taller de memoria que promove polas diferentes parroquias do municipio a delegación de Servizos Sociais que dirixe Pilar Armada.
8 Jan 2023

O Concello de Cervo comeza o ano coa posta en marcha dun novo curso do taller de memoria que promove polas diferentes parroquias do municipio a delegación de Servizos Sociais que dirixe Pilar Armada.

As persoas interesadas en participar no taller que imparte a técnica do departamento, Elisabet Peña, poden anotarse no  teléfono 982 59 51 57 ou, de xeito presencial, na Casa da Cultura de San Ciprián, a partir do próximo luns, 9 de xaneiro.

Tal e como apuntan, será preciso un mínimo de 6 alumnos/as para a celebración do taller en cada unha das parroquias. No caso da actividade de Cervo, este ano mudará de localización trasladándose a unha sala habilitada no edificio dos xulgados.

Ao longo do curso tal e como apunta Peña “traballaremos técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razoamento, a linguaxe, o cálculo, ou a psicomotricidade”.

Villares e Armada, pola súa banda incidiron na importancia desta actividade “máis que consolidada dentro da programación que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerlles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é a memoria; contribuíndo a mellorar o seu estado de ánimo, a súa autoestima, fomentando as relación sociais…; en definitiva, tentando mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

0.1484751701355